X
0 Artículos
Cesta
0 Artículos
Reserva. Pago en tienda
0 Artículos
Acceder
REGISTRARME EN FINESTRES
LIBRERÍA
PARA
LEER
0
Compartir
Guardar en favoritos
El Autor/a
Dávila, Berta
Berta Dávila (Santiago de Compostela, 1987) é narradora e poeta. Por Raíz da fenda (Xerais, 2013) obtivo o Premio Johán Carballeira de poesía e posteriormente o Premio da Crítica Española e o da Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega na modalidade de poesía. Como narradora é autora, entre outros libros, das novelas O derradeiro libro de Emma Olsen (2013), Premio Repsol de Narrativa Breve e Premio da Asociación Galega de Editoras ao mellor libro de ficción; Carrusel (2019), Premio García Barros e Premio da Crítica Española; Illa Decepción (2020), Premio Repsol de Narrativa Breve e finalista do Premio da Crítica Galicia; e Os seres queridos (Xerais, 2022), obra coa que conseguiu o Premio Xerais de Novela 2021, o Premio Follas Novas de Narrativa, 2023 e o Premio da Crítica de Galicia (Creación Literaria), 2023. No ámbito da literatura infantil e xuvenil é autora dos álbums ilustrados A fuxida (2014) e O libro grande dos números pequenos (Xerais, 2023), do libro de poemas A pel do mundo (2017), das novelas infantís Demetrio Demoscopio perdeu a chispa (Xerais, 2022) e O Concurso dos Mellores Inventos (e outros incribles acontecementos) (Xerais, 2024) e da novela xuvenil Un elefante na sala de estar (Xerais, 2022), coa que gañou o Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2021.
Leer más
Os seres queridos
Os seres queridos
Dávila, Berta
Twitter
Facebook
Pinterest
E-mail
Os seres queridos
Os seres queridos
Dávila, Berta

Cinco anos despois de ser nai, a protagonista desta novela atópase inesperadamente na disxuntiva de decidir se quere volver selo ou non.
O recordo doloroso do primeiro ano de crianza do seu fillo devólvelle un reflexo da experiencia que non resulta doado encaixar, atravesado pola culpa e o arrepentimento.
Desde o relato das derradeiras semanas do ano, onde as reunións familiares se mesturan con acontecementos repentinos, a narradora fálanos da familia e da parella, dos lazos que non se escollen, pero tamén do loito, da amizade e da capacidade da literatura para recoller aquilo ao que nos custa poñerlle nome.
Berta Dávila configura en Os seres queridos , Premio Xerais de Novela 2021, un autorretrato incómodo sobre o que significa o amor maternal, unha historia que afonda nas arestas controvertidas da maternidade e confronta o relato edulcorado.
Pero, por enriba de todo, a autora constrúe unha novela sobre os vínculos que nos atrapan e nos sosteñen, sobre se iso que somos é tamén o que queremos ser.
Leer más
Editorial: Edicións Xerais
ISBN: 978-84-11-10030-4
Idioma: Gallego
Medidas cm: 16 x 23
Páginas: 136
Estado: Disponible
Fecha de edición: 10-03-2022
0.00(IVA incluido)
Sin stock

Otros libros de Dávila, Berta